27 noviembre 2014
Noticias de Marrón, recién adoptado
Como algún de vós xa sabedes, hai dúas semanas deixei o
refuxio para vir vivir na cidade. Os primeiros días non foron doados: xente
nova, cans novos, casa nova... pero teño que dicir: que rápido se acostuma
un!!!
Aprendín rápido, xa son todo un experto urbanita (como ben
din no blog, son "un listo de coidado"). O único que non levo ben son
eses monstros verdes aos que chaman "vitrasas". Acostumeime moi
rápido a camiñar coa correa e me gusta pasear saudando a tódolos cans, incluso
aos que cheiran a perfumes caros ou levan simpáticas roupas. A xente trátame
moi ben, sobre todo os meus novos compañeiros de piso, Cris e Fon. Temos ben
repartidas as tarefas do fogar e penso que me estou a portar moi ben. Xuntos
damos longos paseos, imos á praia (é espectacular!!), incluso a tomar o vermú.
Na praia sóltanme, aínda que as veces me volven a atar por que me fago un pouco
o xordo... ;)
Ah! Por certo, agora chámome Señor Marrón... como vedes
déronme certa categoría.
Xa me despido, agardando poder coincidir con vós polo meu
barrio... por aquí aínda moita xente camiña sen un can ao seu carón (aínda non
descubrín por que, nin a onde van con tanta presa)
Saúdos a todos e todas e, por suposto, a Mónica, de non ser
por ela non estaría tan ben. Cris e Fon tamén están moi agradecidos de ter
atopado tan bo compañeiro para toda a vida.
Sorte! "
Etiquetas:
Finales felices