25 abril 2012

Desde El Rosal...


“Hola:
Un saúdo do voso amigo Thor. Non sei se ainda vos acordades de min, eu casi me esquecera de vos porque son moi feliz e o paso súperben na miña nova casa con Alfonso, Pepa e Martín.
Con eles vou moito a praia e vixío que non lles pase nada mentres están na auga, disfruto paseando en piragua polo rio e no mar, xogo un montón cos pauciños e, como non, botamos uns partidos tódolos días coa miña inseparable pelota (isto é o que máis me gusta... despois da comida, claro).
Bueno, pois para que vexades que aínda vos lembro algo, ahí van unhas fotiños para que comprobedes que estou contentísimo e o paso pipa coa miña nova familia.”