20 enero 2015
A nova vida de Xouba, despois de ano e medio no refuxio
"Ola Mónica,
Escríboche para contarte que sen dúbida Xouba estaba a
esperar por nós, por iso non a adoptaron antes.
É unha gozada de cadela: tranquila, limpa, lista como un
allo, superagarimosa, xoguetona, obediente, non morde nin ladra (polo de agora
aínda non lle coñecemos a súa voz), deixase facer as curas sen rechistar (traía
unhas feridiñas pequenas nas orellas) e tanto a veterinaria como a perruqueira
están encantadas con ela polo seu bo comportamento.
Xa sabe pasear con correa sen tirar dela e pórtase xenial no
parque de cans onde xoga con todos e dáse unhas boas carreiras. Lévase moi ben
con Boldie, (Coruxa cando estaba na Protectora) que é a cadela da miña
irmá.
Descubrimos o por qué do seu nome cando nos botou o alento. Xa estamos
tentando arranxalo cunha boa limpeza da dentadura. E de paso, acurtamos o seu
nome a Xou.
En resumo, que estamos felices con ela e cremos que ela
tamén o está con nós. Un verdadeiro pegote que estamos encantados de poder
aloumiñar.
Unha aperta e moitas grazas pola gran labor que facedes
Conxita e Tito
P.E.: Por certo que Xou é tan lista que aprendeu a escribir
e ten unha páxina en Facebook onde vai contando a súa vida e cousas de interese
para os cans e os seus compañeiros humanos. Aqui che deixo o enderezo: https://www.facebook.com/Xouba2014?ref=hl "
Etiquetas:
Finales felices